42 medallas de los Master en el Gallego de Verano de Ourense

FANTÁSTICOS os nosos Master que conseguiron, no campionato galego de verán celebrado na piscina de 50 metros Rosario Donas en Ourense, un total de 42 medallas, das que 22 foron de ouro, 17 de prata e 3 de bronce. Excelente campionato o de todos os nadadores, xa que as medallas repartíronllas 16 dos 19 nadadores que participaron, conseguindo o 5º posto na categoría masculina, o 14º en categoría feminina e o 8º na categoría conxunta, dun total de 29 clubs participantes. Ademais, bateron 10 Records Galegos, José Codesido bateu os de 100 Costas e 200 Libres, María González bateu os de 200 Estilos, 100 Libres e 100 Costas, Santiago Fernández o de 50 Libres, 100 Libres e 100 Costas, e ademais tamén bateron os das remudas 4×50 Estilos Mixto e 4×50 Estilos Masculino. Orgullosos dos nosos moz@s! RESULTADOS  FOTOS

Compartir esta entrada