4º Xornada Liga Infantil en Boiro

Moita actividade do noso club nesta fin de semana, xa que tamén os infantís desprazáronse a Boiro para participar na 4ª xornada da liga galega. Desprazáronse 26 nadadores, a unha piscina municipal que se inauguraba en canto a competición federada, xa que levaba case 20 anos funcionando pero non se permitían competicións. Parabén a CN Boiro pola súa inauguración deportiva. Varias mínimas máis dos nosos chic@s para os campionatos galegos de verán, aínda que nos queda moito por mellorar. PARABÉNS CHIC@S!   RESULTADOS

Compartir esta entrada