CPT GALEGO JUNIOR e ABSOLUTO de VERAN OURENSE JULIO 23

Os nosos nadadores conseguiron 8 medallas, e ocuparon o 8º posto na clasificación por clubs en categoría junior e o 11ª na categoría absoluta dun total de 28 clubs participantes no Campionato Gallego Junior e Absoluto de Verán celebrada na piscina de 50 metros Ourense. Agustín Orechia converteuse nunha das estrelas do campionato ao conseguir 6 medallas de ouro en 50, 100 e 200 Costas, 3 en categoría junior e 3 en categoría absoluta; Tomás Rey foi bronce en 200 Costas en categoría junior, e Lía Suarez foi Bronce en 50 Costas categoría junior. Agustín puxo o broche de ouro á súa actuación na última xornada, conseguindo bater dúas veces a MMG (Mellor Marca Galega de 17 anos) de 50 Costas. Boas marcas tamén de Xoel que se achega ao seu mellor estado de forma de fronte ao campionato de España infantil de Sabadell, Xoel fué 4º, 5º e 6º absoluto nas 3 probas de braza. Ademais, Tomás Rey e Agustín Orechia participarán no Campionato de España Junior e Absoluto de Verán que se celebrará en Málaga do 26 ao 30 de Julio, acompañados do seu adestrador David. RESULTADOS  FOTOS

Compartir esta entrada