100×100 Crol por Ano Novo

100×100 outro ano máis… un RETO polo Nadal… este ano participaron mais nadadores que nunca, quedóusenos pequena a piscina, pero conseguímolo. Fixemos 100×100 Crol saíndo c/1´30″, cada 1´25″ e tamén cada 1´20″. Ao acabar as 100, unha máis a lume de biqueira desde arriba. Que ben Alejandro Passaretti facendo a última a 53´5, xa está de volta, pero o importante é que TODOS loitaron polas súas ilusións, e conseguírono. Grazas aos nadadores do CN Boiro, CN Arzua, CN Riveira e aos elegante@ s do CGTD de Pontevedra por acompañarnos un ano máis. E especial aos nosos Master do CDN Ciudad de Santiago que fixeron 50×100 Crol c/2´para inaugurar o ano. PARABÉNS a TODOS!!!

Nuestra representación Master

Share this Post