16 Medallas dos nosos Master no Campionato Galego de Inverno

Segue aquí aos nosos compañeiros en Lugo

16 Medallas trouxéronse para Santiago nosos Master. 4 de Ouro, 9 de Prata e 3 de Bronce.
As medallas individuais foron:

Manuel Abuin (+30) Bronce en 100 Estilos e Prata en 100 Costas e 100 Bolboreta
David Rodríguez (+30) Prata en 200 Estilos e Ouro en 100 Bolboreta
Adrián Campaña (+30) Prata en 200 Libres
Pablo Cabanelas (+40) Bronce en 100 Bolboreta e Prata en 200 Estilos
José A. Arruti (+60) Prata en 100 Estilos e 100 Braza, Ouro en 50 Libres e 100 Libres
José Codesisdo (+60) Bronce en 100 Estilos e Prata en 50 Costas

Ademais da Prata na Substitución 4×50 Estilos Masculino (+200), formado por José Codesido, Jose A Arruti, Javier Puente e Joaquín López, e do Ouro da Substitución 4×50 Libres Masculinos (+200) formado por Pablo Cabanelas, José Codesido, Joaquín López e José A Arruti.
Ademais, debemos destacar que, por fin, puntuamos na categoría conxunta, xa que nosa representante Elena Brozos conseguiu puntuar, grande Elena!
Na clasificación Feminina conseguimos o posto 25, en categoría Masculina o posto 10, e na clasificación conxunta o 13, dun total de 26 Clubs participantes.
Pero o máis importante, é o bo ambiente que se vive nesta competición. Sempre positivos, sempre alegres, sempre animando e sempre cun sorriso como o demostran nas fotos.

FANTÁSTICO MOZ@S!!! PARABÉNS A TODOS!!!

Fotos e Videos

Share this Post