18 Medallas no Campionato Galego Junior e Absoluto de Inverno en Lugo

Excelente campionato Gallego Junior e Absoluto de Inverno o celebrado en Lugo polos nosos moz@s este pasado 28, 29 e 30 de Decembro. Un total de 18 medallas, das cales 14 son de categoría Junior e 4 de categoría Absoluta. Destaca actuación de Agustín Orechia que conseguiu 8 medallas individuais e unha en remudas, Ouro en 50 Costas e 4×100 Estilos Junior, Prata en 100 e 200 Costas, e en 50 Bolboreta Junior, Prata en 50 e 200 Costas en categoría Absoluta, e Bronce en 50 Bolboreta e 100 Costas Absolutas, e tamén de Xoel Parcero que conseguiu 4 medallas de Ouro en categoría Junior en 50, 100 e 200 Braza, e na remuda 4×100 Estilos. Ademais Carmen Blanco foi Bronce en 200 Braza Junior, Roi Nogueira fué Bronce Junior en 50 Libres, Teo Fraga foi Ouro en 400 Estilos, en 200 Estilos Prata e Bronce en 200 Costas en categoría Junior, e Xiana Caamaño que foi Bronce en 100 Braza PARABÉN MOZ@S!!! ORGULLO do CDN Ciudad de Santiago. RESULTADOS FOTOS

Share this Post