42 Medallas no Campionato Gallego Master de Inverno Ponteareas 20/21XAN24

EXCELENTES os nosos Master do CDN Ciudad de Santiago que conseguiron no campionato galego de inverno celebrado en Ponteareas un total de 42 medallas, das que 19 foron de ouro, 13 de prata e 10 de bronce. Moi bo campionato de todos os moz@s, xa que as medallas repartíronllas 17 dos 20 nadadores que participaron. Na clasificación por Clubs conseguiuse o 5º posto na categoría masculina, o 12º en categoría feminina, e o 7º na categoría conxunta, dun total de 28 clubs participantes. Ademais, os nosos bateron 8 Records Galegos, José Codesido bateu os de 100 e 200 Costas, e 400 Libres, María González bateu os de 200 Estilos e 200 Costas, Santiago Fernández o de 50 Costas, e tamén bateron os das remudas 4×50 Estilos Mixto e 4×50 Estilos Masculino. PARABÉN MOZ@S!!!      RESULTADOS   FOTOS

Share this Post