5º no Galego Infantil de Pontevedra

O CDN Ciudad de Santiago ocupou o posto 5º na categoría masculina, e o 10º na categoría conxunta, dun total de 27 clubs participantes no campionato galego infantil de inverno celebrado na piscina Rias do Sur de Pontevedra. Destacaron as medallas de Andrés Carballeda que foi ouro en 50 libres e prata en 100 libres, Uxío Guerra que foi prata en 100 e 200 Libres, e a remuda de 4×100 Libres masculino conseguiu o bronce, cun equipo formado por Julio Castro, Álvaro Quiñoy, Andrés Carballeda e Uxío Guerra. Ademais, Uxío competirá no próximo campionato de España infantil de inverno que se celebrará en Tarrasa en marzo.  PARABÉN MOZOS!   RESULTADOS

Share this Post