Campionato Galego Absoluto de Inverno Pontevedra 2019

4 Medallas conseguiron os nosos elegante@s en Pontevedra. Aínda que este ano foron poucos os nadadores que participaron nos Galegos Absolutos de Inverno, os que o fixeron estiveron ben. Boas substitucións masculinas, varias finais de Andrés Costa e Noelia García, e as medallas de Prata de Alejandro Passaretti en 50 Libres con 23.52 e en 100 Libres con 51.59, e as de Igor Arce que foi Bronce en 100 Costas con novo Record do Club 58.29, e que conseguiu ser Campión Galego Absoluto, sendo aínda Junior, en 200 Costas con 2.04.59. PARABÉNS MOZ@S! FOTOS

Share this Post