Campionato Galego Infantil e Junior de Inverno – Copa Senior – 2020

Finalizou o Campionato Galego Infantil e Junior de Invernos celebrado na piscina Rias do Sur de Pontevedra. Primeira competición da tempada en piscina de 50 metros, e aínda que as marcas non foron excelentes conseguíronse 9 medallas e varias mínimas nacionais…cremos que podemos mellorar moito, por sorte a tempada daranos outras oportunidades. As medallas foron para Carlos Lugo que foi Bronce en 200 Libres e Ouro en 100 Libres, Emiliano García que foi Bronce en 100 Bolboreta e Prata en 50 Bolboreta, e Igor Arce que conseguiu unha Prata en 50 Costas e 3 Ouros en 100 Bolboreta, e 100 e 200 Costas. Tamén tiveron medalla de Bronce a substitución 4×100 Estilos Junior, formado por Igor Arce, Manuel Juanatey, Emi García e Xian Suarez. Varios 4º postos entre os que destacan as 3 substitucións de categoría Infantil masculino e o de Noelia García en 100 Bolboreta.  Ademais Alejandro Passaretti foi 3º en 50 Bolboreta, 2ª en 100 Libres e 1º en 50 Libres na Copa Senior. PARABÉNS moz@s e a traballar máis e mellor!!!   RESULTADOS   FOTOS
  • CLASIFICACIÓNS:
  • Infantil Feminino 12º Junior Feminino 9º
  • Infantil Mascuino 4º Junior Masculino 6º
  • Infantil Conxunta 8º Junior Conxunta 8º
Share this Post