CAMPIONES GALEGOS MASTER de FONDO 2024

PARABÉN!!!  Os Master do CDN Ciudad de Santiago gañaron o Campionato Galego de Fondo Master na nosa piscina de Santa Isabel, coa participación de 123 nadadores de 23 clubs galegos. Os nosos moz@s conseguiron 13 medallas, das que 9 medallas foron de Ouro, Tania Alcalde, Manuel Abuín, Jesús España, Diego Sotelo, Santiago Fernández, José Angel Arruti proclamáronse campións galegos en 800 Libres, María González, David Rodríguez e José Codesido foron campións galegos en 1500 Libres, foron 3 as medallas de prata para Manuel Rodríguez e Jorge Mira en 800 Libres, e Óscar Soneira en 1500 Libres; e Javier Puente foi bronce en 800 Libres. Ademais conseguiron establecer 3 novos Records Galegos, foron María González e José Codesido en 1500 Libres, e Santiago Fernández en 800 Libres. O noso Club proclamouse campión galego en categoría masculina e na categoría conxunta, e o CN Ponteareas gañou a categoría feminina.  O Trofeo de Campións Galegos foi entregado pola Concelleira de Deportes Pilar Lueiro. Na clasificación xeral a puntuación foi:
CDN Cidade de Santiago       181 puntos
C Hercules Termaria               154 puntos
CN Ponteareas                       117 puntos
CN Vigo Rias Baixas                93 puntos
CN Galaico                               82 puntos

Share this Post