Carlos Lugo e Samuel Míguez no GES da Fegan

Os nadadores do CDN Ciudad de Santiago, Calos Lugo Blanco (2004) e Samuel Míguez Feijoo (2005), foron convocados pola Federación Galega de Natación para participar no programa GES (Grupo Especial de Seguimento), no que serán convocados a varias concentracións para realizar na piscina do CGTD (Centro Galego de Técnificación Deportiva) de Pontevedra. Serán 8 xornadas a celebrar no Centro de Tecnificación de Pontevedra desde Novembro ata Xuño, onde os mozos nadadores do noso Club estarán acompañados do Adestrador David Latexe. Este pasado Venres 8 de Novembro, comezaron as concentracións, e ademais realizouse unha charla para os pais dirixida polo psicólogo deportivo Iago Roel. PARABÉNS MOZOS!

Share this Post