Emi finalista no Campionato de España Infantil de Verán
Boa participación dos nosos mozos en Barcelona. Carlos Lugo participou en 5 probas, 100, 200, 400, 800 e 1500 Libres, e aínda que non puido facer as marcas que buscaba, nada pode embazar a excelente tempada que realizou, o seu mellor posto foi o 15º na proba de 1500 Libres. Emiliano García nadou dúas probas, as dúas o último día de campionato e as dúas con moi boas marcas. Emi meteuse na final de 100 Bolboreta baixando de 59.76 a 59.11 e ocupando o 10º posto na final, ademais baixo marca e gañou a súa serie de 200 Estilos con 2.17.87. PARABÉNS MOZOS! RESULTADOS