EXCELENTE participación dos nosos mozos no Open de Sabadell 2024

Xoel Parcero e Agustín Orechia acabaron a súa participación no campionato junior e absoluto de inverno que se celebrou en Sabadell. Xoel competiu nas probas de 50, 100 e 200 Braza, nas que se achegou moito ás finais, aínda que finalmente non o conseguiu, seguro que volverá achegarse ás medallas no verán, e Agustín conseguiu meterse nas finais de 50, 100 e 200 Costas mellorando as súas marcas persoais tanto nas eliminatorias como nas finais, en 200 Costas foi 5º a só 9 décimas do bronce, en 100 Costas foi 4º a 7 centésimas do bronce, e en 50 Costas conseguiu un segundo posto e medalla de Prata cunha marca de 26.25 que o deixan a só 16 centésimas da mínima do Campionato de Europa Junior. Nas 3 probas quedou moi preto de acceder á final do Campionato de España Absoluto tendo só 17 anos. Ademais estivemos representados pola remuda 4×100 Estilos Junior formado por Tomás Rey, Xoel Parcero, Agustín Orechia e Lucas Ribó que melloraron a súa marca de inscrición, e que axudaron a que o noso club finalizase o nacional no posto 37 dun total de 126 clubs participantes, sendo o mellor club galego en categoría masculina junior. PARABÉN MOZOS!!!  RESULTADOS  FOTOS

Share this Post