O Club Deportivo Natación Ciudad de Santiago foi fundado o 15 de xullo de 2010, co fin de dar aos mozos da nosa cidade, a posibilidade de practicar un dos deportes máis completos, que os forma non só como deportistas, senón como persoas; ensinándolles a importancia da constancia e a superación no día a día, e mantendo en todo momento o compañeirismo e o traballo en equipo como valores esenciais. Somos unha entidade sen ánimo de lucro, para a que o noso principal obxectivo é que os nosos nadadores gocen dun deporte que lles proporcione un desenvolvemento físico, intelectual e emocional. A nosa sociedade atópase inscrita na Secretaría Xeral para o Deporte co número de rexistro 10.551 e no Rexistro de Asociacións do Concello de Santiago co número de rexistro 545.
Estoes son os 10 valores que han de impregnar as nosas accións e convivencia no Club: