Uxio Guerra e David Lata asisten ao clínic de saídas en Lugo

Este pasado sábado o noso nadador Uxío Guerra participou no clinic de SAÍDAS organizado pola FEGAN nas piscinas de Frigsa en Lugo, coa colaboración da RFEN e do CN Portamiña. Uxio estivo acompañado polo seu adestrador David Lata.
A xornada estivo dirixida por Santi Veiga (Coordinador programa clinic tecnificación RFEN) e Bart Kizierowski (Head Coach de los Madrid Bears, 6 veces olímpico, 3 como nadador e 3 como adestrador e Campión de Europa como nadador e como adestrador). A xornada consistiu nunha sesión téoríca e práctica. Acudieron 30 nadadores convocados polo director técnico da Fegan (Daniel Toro) e 19 adestradores de toda Galicia.   FOTOS    FEGAN

Compartir esta entrada