10 Medallas e 6 Records Galegos no nacional de Pontevedra

Os nosos Master do CDN Ciudad de Santiago conseguiron un total de 10 medallas no campionato de España Master celebrado en Pontevedra, das que 1 foi de ouro, 3 de prata e 6 de bronce. Excelente campionato o de todos os nadadores de Compostela xa que ademais das medallas foron 6 os nadadores que quedaron ás portas do podium, sendo cuartos. E o mais importante: moitos sorrisos e sensación de felicidade dos nosos Master.  Na clasificación por clubs o CDN Ciudad de Santiago ocupou o posto 16º na categoría masculina, o 69º en categoría feminina, e o 24º na categoría conxunta, dun total de 157 clubs participantes. Ademais, os nosos Master bateron 6 Records Galegos, José Codesido bateu os de 100 Costas e 400 Libres, María González bateu os de 200 e 400 Libres, Santiago Fernández o de 50 Costas e 50 Bolboreta, e tamén o da substitución 4×50 Estilos Mixto. PARABÉN!!!  RESULTADOS  FOTOS

Share this Post